Tuesday 21 de May de 2024

Demandan solucións ás pingueiras de auga da avenida de Ferrol


A avenida de Ferrol supón unha das arterias de entrada e saída ao centro de Ribeira. Alén do tráfico de vehículos que esta estrada soporta, hai moitas persoas que utilizan as beirarrúas para ir camiñando ao núcleo de Deán Pequeno, ir ás oficinas de Servizos Sociais ou do Centro de Información á Muller.

Na actualidade existe un edificio sen rematar á man dereita -dirección subida- que se atopa co ladrillo ao aire, coas baixantes rotas e cos canos en moi mal estado. Nos días de choiva as baixantes rebordan auga polas roturas que teñen e prodúcense multitude de pingueiras que caen desde os canos polo seu mal estado de conservación.

Desta situación xa informara o BNG o pasado mes de maio pero o goberno local non fixo nada para solucionar este problema que fai que as persoas que pasen por alí se mollen por haber “verdadeiras cataratas de auga”. Segundo a concelleira nacionalista, Cruz Rivadulla, a veciñanza ten que ir por debaixo dos chorros os días de chuvia e asegura que “quen vaia camiñando pola beirarrúa ten moitas posibilidades de acabar enchoupado, sendo imposible pasar sen mollarte se es unha persoa con mobilidade reducida ou vas cun carro de crianza ou de compra”.

Ante esta situación o Bloque Nacionalista Galego reiteira a petición de buscar solucións e pídelle ao goberno local que actúe para rematar con este problema.